30.11.08

El Retorno, 1ª Parte...

Fai tanto tempo que non escribo, que xa case non me acordo de como era. Esa sensación de crear algo. Algo teu.

Algo que pode ler, ver e interpretar calquera outra persona, pero que só ti sabes o que significa realmente.

Non sei por que volvo aquí.
Releín todo o que escribín e algunhas cousas son... e outras son...

Volvo. Ese é o conto.








Entrei caminhando a modo. Cada vez máis despacio.

A cada paso que daba, máis pensaba que debía volver atrás.

"Pero bótalle valor, hostia... Eres forte, eres máis forte do que pensabas ti, e do que xamais pudera pensar ninguén. Sábelo. Sigue adiante."

Seguín porque sabía que os pasos anteriores foran máis duros que os que me quedaban por dar.

Non había de ser fácil recordar para poder seguir.

Sempre pensei que o malo é millor olvidalo e seguir adiante sen mirar atrás.
Non é só que o pensara, é que cando eres nova, ensínanche iso.

Pero agora, as cousas non poden ser así. O meu futuro, depende do meu pasado, e calquera erro, pódeme levar de volta ó principio.

Non vai ser fácil. Iso podoo dar por feito.

Empeza o xogo.

Fagan xogo.






Nuria.