8.10.06

E dalle a volta...

Boas tardes unha vez mais...

Unha semaninha sen escribir e con moitas novidades na minha vida, e moitos sucesos no pais... Como esta o tempo...

Estou de volta en Lira, con ganas de respirar un pouco aire dese que cheira a mar.
A semana empezou bastante jodida, para que enganarnos.
Sentinme bastante soa o luns e o martes e parte do mercores.
As clases na EOI foron xeniais, non se pode dicir nada noutro idioma
que non sexa ingles porque senon mandache fora da clase,
e a verdade e que me encanta ter que esforzarme
para expresarme correctamente...
Cada dia me gusta mais esa lingua.
A presentacion na facultade foi bastante aburrida e non coñecin a ninguen...
Non porque non houbera xente, senon porque non estaba mui de humor
para relacionarme con ninguen e caerlle ben.
Pasei unha nuite fatal do luns o martes...
estivera pegando nas paredes todalas fotos que revelara,
e me quedaron chulisimas, pero cando rematei e mirei para elas vin o meu pasado.
Todo o que xa pasara e que non volvera xamais. Xente que sae da minha vida,
xente que marcha lonxe, xente que se acorda de min cada dia,
xente que non sei se se acorda, xente que me quere e me extraña...
E momentos inolvidables. Fins de semana de choiva, de sol, de botellon, de disfraces,
de despedidas, de cine, de paridas, de paiasadas, de amistade, de paixon, e algun de amor...
ainda que poucos. Chorei coma unha neniña...
E non puden deixar de pensar que todo o que contaban agora as miñas paredes era a
miña vida, e que todo ia cambiar en pouco tempo. Non e de extrañar que o martes non
tivera ganas de cambios...
O xoves a verdade e que xa tinha mais espranza, de que o tempo fixera os cen metros lisos,
e que chegara pronto o venres pola tarde. E chegou. E a verdade e que respiro millor.
E os recordos aqui non se ven tan lonxe ainda que en verdade si o estan.
Salin onte. Necesitabao. Coma case sempre faltou algo que me fixera dicir que fui xenial...
Paseino mui ben, pero xa se sabe que pudo ser millor...

En fin, hoxe de volta a aldea... Que poucas ganinhas... Bueno, menos mal que tres dias
pasan voando! Seguirei mirando as fotos e acordandome de todos eses momentos...
De todas esas personas...

Agardo que teñades unha boa semana... Que pase rapidinho!

Bicos deses que me roubou o mar cando choraba nas pedras.

Nune.

xxx

... ... ... ... ... ...

Cambiar o sentido do meu camiño xa chegando ó final
voltar sen pensar que quizais o que veña será mellor
o xa vivido, o xa coñecido non da medo
pero perdelo é perderme
sentilo é inevitable
esquecelo
nunca
Nu.
... ... ... ... ... ...

.r.e.c.o.r.d.o..o.s..p.a.s.o.s..q.u.e..d.i.n..e..n.a.s..c.o.u.s.a.s..q.u.e..f.a.l.l.e.i.

... ... ... ... ... ...

Camiñar é máis doado contigo... cando estás comigo...
cando a tua man é a que me leva...

Nu.
...

1 comentário:

tes algo que dicir... seino...