29.8.10

ata pronto, amor

Hoxe vaise unha parte do meu corazón.
Un suspiro queda suspendido entre un bico e unha bágoa.
Ata que che volva a ver.

Quérote, e vouche botar de menos. Máis que a ninguén xamais.

Disfruta e vive intensamente... e non te esquezas de min.

6.8.10

2.8.10

queres?

Cando te decatas de que non hai volta atrás, fas o que podes por expresarte coa maior claridade posíbel.
Quérote, bótoche de menos, non imaxino a minha vida sin ti.
Son cousas que non se din, se sabes que podes ter outra saída.
Todo depende de se queres tela realmente... 
Queres?

27.7.10

ó meu marinheiro favorito

Arrecende a mar, a ese mar.
Xa debemos andar perto.

A última vez que estiven alí, o mar batía contra as pedras coma no inverno bravo.
Senteime na punta do muelle, coma sempre, e pensei nese home que me ensinou a querer esta terra coma se eu fora parte dela.
E ás veces choro porque o amor me doe tanto como a perda.

E ese silencio... ese silencio de susurros de mar e vento entre toxos e xestas...

Como non vou querer eu esta terra!

Como me dixeron un día, quen non che quira é porque non che conhece, ou non te quere conhecer por medo a quererte

Eu cando falo con Lira, dígolle o mesmo.

mellor que mil palabras

Nunca pensei ter unha imaxe que dixera tanto.
Que fala de risas, bicos, apertas e bágoas ó mesmo tempo.

20.7.10

aquel día

Claro que se penso no tempo que pasou dende aquel día, pódome decatar de que non é todo tan diferente.

Só temos máis confianza, e máis experiencias ás nosas costas.

Eu síntome coma aquel día. 

Emocionada, nerviosa.

E algo hipnotizada.


Sorrisos! (:

15.7.10

Relax

Marcho por uns días... é o que che ten o verán... 
Agardo voltar algo máis inspirada do que estou, que non saio do tema.

Sorrisos! (:

e xa

Cando por fin sabes que as cousas van cambiar de verdade, empezas a chorar sen razón.

E daste conta do que che importa o que tes agora.

14.7.10

eu non sei escribir

Eu a verdade é que non sei escribir.
Só intento comentar o que se me pasa pola cabeza.
Muitas veces desordenado. Sempre, máis ben.

Se cadra hai quen me pode entender. Se cadra son incomprensíbel.
Sería máis lóxica a segunda opción.

E con isto, dicir que me sinto rara. 
Boto de menos algo que tenho, antes de perdelo.
Porque sei que vai desaparecer.

E non quero que pase iso. 
No fondo non quero que desapareza.

E aínda que non o diga, síntoo. 

E aínda que o sinta... quen son eu pra cambiar o futuro de ninguén?

Penso que só poderei cambiar o futuro dalguén, cando eu sexa indispensábel nel.
Cando ese futuro non tenha sentido sin min.

E cando pase, pasará.

13.7.10

un ano despois

Non podo deixar de mirarte como aquela manhán.
Entre chuvia, herba, sonhos e calor.

Inesquecíbel.

12.7.10

Non son o que me chaman...

Eu sempre creín que xeneralizar é un erro... 

Por iso non digo que tódolxs galegxs temos un sentimento nacionalista, porque non é verdade.

Por iso non digo que tódolxs ladróns sexan delincuentes, porque non é verdade.

Por iso non digo que tódolxs homes son uns machistas, porque non é verdade.

Por iso non digo que tódolxs espanhoxs son fachas, porque non é verdade.


Por iso non quero que me chamen espanhola. 
Porque non é verdade que o sexa.

9.7.10

Indecisa

Tenho un pequeno dilema coa imaxe principal do blogue... 

Era por comentalo.

Máis nada. 

Sorrisos!

Sensen

Tssssssss!!

Cala, cona!!
Que non entendes nada!!

Escuita.

Oes?

Estás xordo carallo...

Reflexión

Pode parecer que estou depresiva. 
Alguén pode chegar a pensar que creo que a minha vida é unha merda.

Nada máis lonxe da realidade amighas e amighos.
Son feliz.

E penso seguir así muito tempo. 

Sorrisos pra todas/os!! (:

8.7.10

Porque non podo bicarte.

Hoxe pintei de roxo os beizos.
E quería darche un bico, pra deixarcho marcado e que non te esqueceras de min.

Como non estabas, chorei.
E quería que me deixaras ponher a cabeza no teu hombro, pra consolarme.

Como non estabas, tiven que chorar soa.
E quería, cada vez máis, que estiveras comigo. 

Pero sabía que non ías vir. 

A pintura dos ollos converseuse en acuarela sobre as minhas pernas. 
Porque non puden deixar de nombrarte e chorarte.



Porque non podo bicarte.

7.7.10

adiantando reloxos

Mentras ti estás ahí, eu desexo que corran as horas coma segundos.
Que pase o tempo rápido. Tan rápido que non poda nin velo.

E cando respire do aire que me das cando estás comigo, olvidarei que as horas pasan coma segundos. Porque o desexei.

Só cando tenhamos que separarnos de novo serei consciente de que prefiro esperar longas horas, días e meses pra verte, se podo terche sen prisa cando esa espera remate.



anónimo

Non penso cambiar os meus desexos polos teus sonhos.

E fui de súpeto. Un día priorizaba a túa felicidade, porque significaba a minha.

E ti quixéstesme facer feliz.
Máis feliz.



Conseguíchelo.
Son feliz.


Pregúntaste qué nos queda?
Pois seguir compartindo ese algo.
Aínda que non tenha nome.





6.7.10

¿Sabes que pasa?

Que ás veces só fai falta unha décima de segundo pra darte conta do que fixeches.

Para ben ou para mal, non hai volta atrás.
E serás feliz, se non agora, máis adiante.

Chorar de felicidade, rabia, impotencia ou tristeza, vale máis que un sorriso finxido. Procura non caer niso. Non paga a pena.

Cando rías, que sexa de verdade. Con ganas e forza. E berra de alegría.

Só cando sintas que non tes a ninguén ao redor, párate a pensar.
Nesas risas, nesas bágoas. E conta quen estaba contigo en cada momento.

Sabes que nas bágoas hai quen afoga.
Os que sobreviven do teu naufraxio son os que realmente pagan a pena.






5.7.10

Finais escritos*

Vai caendo a noite e a primeira farola comeza a parpadear. Unha lúa turca de Abril brila máis alá, no ceo, entre o día e a noite, luz e sombra.

Ó final sempre cae a noite.
E non sufriu.

Calaron as súas risas, as súas rancheras de penas mexicanas.
Sen facer ruido.

Marchou sen dicir adiós máis que nos meus sonhos.
Marchou cando o meu corazón xa chorara bágoas de sal polo mar dos seus ollos.

Mais na despedida chorei felicidade.
Chorei recordos que xamais esquecerei. Dez anos de angustia.
Dez anos con el.

Por facerme sentir ben.
Por facerme feliz, por quererme, sempre te chorarei.