18.12.06

..

Non fago introducción...

Deixame Ser.

E vísteme de mar.
Deixame bater contra a túa pel como fai o Atlántico na punta dos Remedios.
Deixame esquecer o norte, e deixame conhecer o teu sur.

Marchei en busca dese teu recuncho que tanto imaxinara.
E non atopei mais ca pel seca de salitre,
chea de sede de mar,
morta en vida.

Non puden bater contra nada.
E morría de angustia,
morría de pena,
morría de soidades e morriña sen conhecela.
Morría, pero non era culpa miña.
Culpa do aire que secaba as vágoas que eu precisaba pra vivir.
Porque as vágoas reviven a unha cando non pode máis.
Pero secaron as minhas.

E o aire, o sol, o verán, foron secando a minha pel.
A que un día chegara chea de vida.
E nin a choiva conseguía que sorise.
Nin o reflexo da tormenta era tan negro coma min.

Rematei chorando forte.
Con milleiros de hombros nos que facelo.
Pero milleiros de golpes de cóbados no meu estómago.

E as vágoas non asomaron.
Quedaron para sempre entre a gorxa e os meus ollos.
Secas.
E eu espida ante ela.

Mirei a Lira por última vez.
Prometín xurei pensei preguei que voltaría.
Voltaría ós seus brazos.
A conhecer aquel sur que rematara por alonxarse de min e deixándome coma el:
Viva e morta.
Soa pero non.
Inválida pero livre.
Aprendendo a escuitar.
Aprendendo a imaxinar.
Pero aprendendo a expresar.

Viva e morta.
Cós sentidos revirados.
Porque despois dunha estrada entre nós, só unha milagre nos pode xuntar de novo.
Esperarei erguida.
Non caerei no sono que me chama no mermurio das ondas e cantos sen vida das sereas.

Espisteme de mar e rematei vestida de loito.
Non batín na Punta dos Remedios.
Non coñecín praia de Ardeleiro, Ximprón, de Mar de Lira…
E eu só quería ser o Mar de Lira.

Nuria Pampín Rey.

Firmadísimo por min... estou orgullosa deste texto... Fui unha nuite as 5 da madrugada, así que ten o seu mérito...non?

Un bico.

Nune.

xxx

...divaganding...

Boas tardes…

Escribo porque fai bastante que non publico nada, pero a verdade e que non hai cousas positivas que contar.

Este fin de semana volvin a sentir o mesmo que tantas outras veces… Outra persona mais que xa non está… Aínda que non fora o que se di meu amigo, ainda que non o conocera o suficiente… Por que morrer por morrer?

Non tenho medo á morte, pero sei que me queda muito por vivir, que non me gustaría que acabara todo aquí… Non sei. Falando con unha amiga ela dicíame que tinha medo a morrer, outra que por ela cando sexa terá que ser… Unha loita por non sufrir e outra pasa de todo… Non entendo ningunha das dúas posturas, sabedes? Penso que hai que loitar por vivir porque solo temos unha oportunidade… Quedanme muitas cousas por sentir, por ver, por conseguir. Sei que chegara o momento, pero ata ese momento eu sei que por agora levarei vivido o que me tocou. Non quero nin adiantarme, nin quedarme atrás por medo a. Esta é unha reflexión que fixen muitas veces, e cheguei a pensar asi a partir da morte de meu tio, fai bastantes anos. Asi que, se eu morrera manhan, para os que me conhecedes, que saibades que non me quedaría nada por vivir ós 19 anos. Pena por non vivir o que toca ós 30? Ser nai? Enamorarme e que se enamoren de min? Ver envellecer ós meus pais xuntos? Sí, son cousas que me gustaría vivir e espero vivir, pero non ós 19 anos… Tenho a conciencia tranquila por vivir día a día ó máximo. E ti?
É difícil sempre que queres a unha persona deixala ir, pero se realmente o que sintes é verdadeiro, sacar forzas de fraqueza é o que hai que facer. Estou convencida. O recordo é inmortal e mentras ti o mantenhas vivo, seguirá contigo.

Bueno, divagando, divagando… Xa non sei…

Está ahí o nadal, non? Vaia… mira ti que ganas… Outras que pasan.

Suponho que fin de ano en Lira, nadal é cantadísimo que si… E curro en Stgo?? Ó final nada… jodeme muito, a ver como fago para comprar as botas de fútbol ó meu afillado… como non saque os cartos de baixo das pedras… e os regalos para meus pais xa nada. Unha puta merda…

Cambiando de tema e para non decaer mais todavia... puxen as fotos de meu 19 cumpreanos así que por aquí quedan… e publico en seguida unha cousinha que tinha escrita dende fai tempo… cousas que se escriben despois de momentos difíciles, de nuites de festa… vamos, típicas situacións para eu escribir.

Espero que tenhades unhas boas festas e que tenhades cartos para regalar o que prometestedes…


Un bico por cada día que levas vivido… eres un superviviente, para que te enteres.


Nune.


Xxx