18.12.06

..

Non fago introducción...

Deixame Ser.

E vísteme de mar.
Deixame bater contra a túa pel como fai o Atlántico na punta dos Remedios.
Deixame esquecer o norte, e deixame conhecer o teu sur.

Marchei en busca dese teu recuncho que tanto imaxinara.
E non atopei mais ca pel seca de salitre,
chea de sede de mar,
morta en vida.

Non puden bater contra nada.
E morría de angustia,
morría de pena,
morría de soidades e morriña sen conhecela.
Morría, pero non era culpa miña.
Culpa do aire que secaba as vágoas que eu precisaba pra vivir.
Porque as vágoas reviven a unha cando non pode máis.
Pero secaron as minhas.

E o aire, o sol, o verán, foron secando a minha pel.
A que un día chegara chea de vida.
E nin a choiva conseguía que sorise.
Nin o reflexo da tormenta era tan negro coma min.

Rematei chorando forte.
Con milleiros de hombros nos que facelo.
Pero milleiros de golpes de cóbados no meu estómago.

E as vágoas non asomaron.
Quedaron para sempre entre a gorxa e os meus ollos.
Secas.
E eu espida ante ela.

Mirei a Lira por última vez.
Prometín xurei pensei preguei que voltaría.
Voltaría ós seus brazos.
A conhecer aquel sur que rematara por alonxarse de min e deixándome coma el:
Viva e morta.
Soa pero non.
Inválida pero livre.
Aprendendo a escuitar.
Aprendendo a imaxinar.
Pero aprendendo a expresar.

Viva e morta.
Cós sentidos revirados.
Porque despois dunha estrada entre nós, só unha milagre nos pode xuntar de novo.
Esperarei erguida.
Non caerei no sono que me chama no mermurio das ondas e cantos sen vida das sereas.

Espisteme de mar e rematei vestida de loito.
Non batín na Punta dos Remedios.
Non coñecín praia de Ardeleiro, Ximprón, de Mar de Lira…
E eu só quería ser o Mar de Lira.

Nuria Pampín Rey.

Firmadísimo por min... estou orgullosa deste texto... Fui unha nuite as 5 da madrugada, así que ten o seu mérito...non?

Un bico.

Nune.

xxx

2 comentários:

  1. Ás sinco da mañá
    escribir
    o de

    "Viva e morta.
    Cós sentidos revirados."

    é unha jrandesa

    moloume un lote o de "cos sentidos revirados"


    ijual che plaxio.

    que che vaia ben, mosa.

    saúde!

    ResponderEliminar
  2. PARTISIPADE, TODOS!

    http://pira.blogia.com/temas/concurso.php

    ResponderEliminar

tes algo que dicir... seino...