18.12.06

..

Non fago introducción...

Deixame Ser.

E vísteme de mar.
Deixame bater contra a túa pel como fai o Atlántico na punta dos Remedios.
Deixame esquecer o norte, e deixame conhecer o teu sur.

Marchei en busca dese teu recuncho que tanto imaxinara.
E non atopei mais ca pel seca de salitre,
chea de sede de mar,
morta en vida.

Non puden bater contra nada.
E morría de angustia,
morría de pena,
morría de soidades e morriña sen conhecela.
Morría, pero non era culpa miña.
Culpa do aire que secaba as vágoas que eu precisaba pra vivir.
Porque as vágoas reviven a unha cando non pode máis.
Pero secaron as minhas.

E o aire, o sol, o verán, foron secando a minha pel.
A que un día chegara chea de vida.
E nin a choiva conseguía que sorise.
Nin o reflexo da tormenta era tan negro coma min.

Rematei chorando forte.
Con milleiros de hombros nos que facelo.
Pero milleiros de golpes de cóbados no meu estómago.

E as vágoas non asomaron.
Quedaron para sempre entre a gorxa e os meus ollos.
Secas.
E eu espida ante ela.

Mirei a Lira por última vez.
Prometín xurei pensei preguei que voltaría.
Voltaría ós seus brazos.
A conhecer aquel sur que rematara por alonxarse de min e deixándome coma el:
Viva e morta.
Soa pero non.
Inválida pero livre.
Aprendendo a escuitar.
Aprendendo a imaxinar.
Pero aprendendo a expresar.

Viva e morta.
Cós sentidos revirados.
Porque despois dunha estrada entre nós, só unha milagre nos pode xuntar de novo.
Esperarei erguida.
Non caerei no sono que me chama no mermurio das ondas e cantos sen vida das sereas.

Espisteme de mar e rematei vestida de loito.
Non batín na Punta dos Remedios.
Non coñecín praia de Ardeleiro, Ximprón, de Mar de Lira…
E eu só quería ser o Mar de Lira.

Nuria Pampín Rey.

Firmadísimo por min... estou orgullosa deste texto... Fui unha nuite as 5 da madrugada, así que ten o seu mérito...non?

Un bico.

Nune.

xxx

...divaganding...

Boas tardes…

Escribo porque fai bastante que non publico nada, pero a verdade e que non hai cousas positivas que contar.

Este fin de semana volvin a sentir o mesmo que tantas outras veces… Outra persona mais que xa non está… Aínda que non fora o que se di meu amigo, ainda que non o conocera o suficiente… Por que morrer por morrer?

Non tenho medo á morte, pero sei que me queda muito por vivir, que non me gustaría que acabara todo aquí… Non sei. Falando con unha amiga ela dicíame que tinha medo a morrer, outra que por ela cando sexa terá que ser… Unha loita por non sufrir e outra pasa de todo… Non entendo ningunha das dúas posturas, sabedes? Penso que hai que loitar por vivir porque solo temos unha oportunidade… Quedanme muitas cousas por sentir, por ver, por conseguir. Sei que chegara o momento, pero ata ese momento eu sei que por agora levarei vivido o que me tocou. Non quero nin adiantarme, nin quedarme atrás por medo a. Esta é unha reflexión que fixen muitas veces, e cheguei a pensar asi a partir da morte de meu tio, fai bastantes anos. Asi que, se eu morrera manhan, para os que me conhecedes, que saibades que non me quedaría nada por vivir ós 19 anos. Pena por non vivir o que toca ós 30? Ser nai? Enamorarme e que se enamoren de min? Ver envellecer ós meus pais xuntos? Sí, son cousas que me gustaría vivir e espero vivir, pero non ós 19 anos… Tenho a conciencia tranquila por vivir día a día ó máximo. E ti?
É difícil sempre que queres a unha persona deixala ir, pero se realmente o que sintes é verdadeiro, sacar forzas de fraqueza é o que hai que facer. Estou convencida. O recordo é inmortal e mentras ti o mantenhas vivo, seguirá contigo.

Bueno, divagando, divagando… Xa non sei…

Está ahí o nadal, non? Vaia… mira ti que ganas… Outras que pasan.

Suponho que fin de ano en Lira, nadal é cantadísimo que si… E curro en Stgo?? Ó final nada… jodeme muito, a ver como fago para comprar as botas de fútbol ó meu afillado… como non saque os cartos de baixo das pedras… e os regalos para meus pais xa nada. Unha puta merda…

Cambiando de tema e para non decaer mais todavia... puxen as fotos de meu 19 cumpreanos así que por aquí quedan… e publico en seguida unha cousinha que tinha escrita dende fai tempo… cousas que se escriben despois de momentos difíciles, de nuites de festa… vamos, típicas situacións para eu escribir.

Espero que tenhades unhas boas festas e que tenhades cartos para regalar o que prometestedes…


Un bico por cada día que levas vivido… eres un superviviente, para que te enteres.


Nune.


Xxx

25.11.06

Estudianding...

Eiii...

En Stgo, botando de menos Lira... Muito de menos...

O jueves ven un anaquinho ata aquí e ainda estiven con Xaco, Jordi e Tono... A verdade e que fui unha noite interesante,que non productiva... Espero que co tempo sirva para algo, eh Jordi? Confio en ti... Ven Chris a casa outra ves a durmir e volvemos ó Alabama a comer aljo... somos únicas, sejuro que xa nos tenhen fichadas...

Ademais ven Óscar de London... Doulle unha sorpresa super tierna a Jess... e aprobeitou o viaxe, para que enganarnos... Jejeje!

Podedes crer que non sei que facer en fin de ano? Con quen? Donde? E o máis importante... por qué sair? Algunha resposta?

Bueno, vou seguir ca historia da psicoloxía...

Cando tenha mais tempo escribo cousas interesantes... por agora... gracinhas por vir.


25MilBicosSconSaboRaLiberDade!!


Nune.

xxx

13.11.06

Tenho 19 aninhos... SabiaS?



Muitas felicidades me desexo... tarde tamén...


En fin... cumprin dezanove aninhos o martes (día 7, sen mirar o calendario)... Pasaron bastantes cousas dende que non escribo, entre elas que son totalmente libre, tanto física como mentalmente... Creo que xa dixen todo o que tiña que dicir e descarguei o que tiña gardado dende fai muito tempo. Encántame estar así e empezar un novo ano con esta mentalidade... a vivir que son dous días... non me enterei de que tiven 18, así que este aninho a tope. Penso disfrutar todo o que poda.

O martes baixamos ó karaoke e fixeronme rejalinhos os rapaces, máis chulinhos eles... Un atrapasonos roxo (Yupi!! X fin!!), unhas bolas chinas (Non das que pensades... aínda que sería unha gran idea estando na situación que estou agora mesmo... pero bueno!) e Mariquinha que vai podreser se o senhor non me devolve o papelinho... sí Lety, o folio. E bueno, fomos e estivemos ata as 7? Creo que por ahí... o karaoke e noso! Jajaja! Sigo sen cantar a canción que ten promesa, pero entre todos cantamos metade do libro! Fui unha pasada, paseino xenial...
E o jueves... Aaaaai! Que tan xulos/as!! A hostia!! Paseinooooo... Jajajaja! Bueno, Lety e ChesS rejalaronme unhas dedicatorias no libro de Sabina que non sei que valerá máis. Leváronme todos (Suso, ALex, Dubi, Lety, Chris, Mary e Luis) a cenar, que de putisima madre! E despois uniusenos Chessy e fomos o Trasgo, o Retablo, Karaoke outra vez, e Apoloooooo!!! Encontramonos con Sergio, meu corason, estuven bailando con el, despois vimos a Juan e xa se uniu a nos de puta madre! Paseino xenial... e acabamos desayunando no bar ese que hay enfrente do piso dos rapaces cola-cao con donuts... Chegamos as 8.30... e Lety de reenganche...

En fin, poño algunha foto chula outro dia, valE?

Ah! O finde ben... ben. Xa sabedes que sempre e igual, non? Ben.


Dezanovemil bicos deses que non se perdonan por muito tempo que pase...


Nune

xxx


************************************************
Fai tempo que non tenho ganas
fai tempo que morro polo mesmo que aquel día
fai tempo que non escribo duas linhas
fai tempo que necesito aquel...
sabes o que necesito...
************************************************

18.10.06

En Santiajo town...

Ei a todolos lectores... (bueno, hola ó que sempre me lee)

Bueno, aqui estamos outra ves... Xa vistes algunhas fotos do miercoles pasado... unha pasada. Xa me vou acostumbrando a esto... sobre todo polas nuites. Paseino xenial. Faltoulle solo unha cousinha que xa sabemos que fui... polo menos eu e tres personas mais xa o saben. Non e dificil acertar de que vai a cousa. En fin, paseino de putisima con Lety, Jorge e Javi, e no Karaoke, e no Campillo... fui muito...

En fin, agora toca estudiar un pouquinho e salir outro tanto. O jueves xa toca outra ves... Marxuki e recomposicion... Necesito recomponerme. Fixen algo o fin de semana que non estivo ben, pero xa arrejlei con quen tinha que arrejlar e entendiu perfectamente o que me pasaba e as minhas razons para facer o que fixen.

Bueno, vou deixando esto... Deixovos as minhas toladas para variar e algunhas fotos mais da nuite...

Mil bicos dos que saben a despedida con promesa de volver.


Nune.


xxx

.:::::::::::::::::.

As noites que saben o que quero...
so fantasias feitas realidade...
volver a sentir...
volver a quedarnos sen luz...

FromNutoLeTy...YouKnow...

.::::::::::::::::::.

Sentindo a veces o mesmo que aquel dia
sentindo cousas que non se explican sen mais
por que sentir se podo olvidar
pero non podo...
non e facil deixarte atras
non e facil deixar de mirar...

Nu.


........................

14.10.06

Fotos solo...

Bueno, xa contarei cousas, deixo algunha foto do miercoles que o pasei de putisima!
Xa habera mais detalles... jajaja!

Veña, un bikinho!

Nune.

xxx





10.10.06

Santiago... no comments!

Boas, boas...

Como imos? Ven sendo martes...
Non se esta mal de todo nesta segunda semana. Onte dounos unha arroutada e salimos
por ahi con Suso e Alex... Non sei a que hora chegamos, pero eu durmin pouco... mui pouco.

Levantome as putas 8 da puta mañan, para chegar a facultade e ver un puto cartel que pon
que hay unha puta charla e que non hay puta clase en TODA a PUTA mañan.

E pensei: "Pois que puta merda, non? Para esto me levanto eu..."

E dixen, nada, vou o ciber. Teño ferido o meu orgullo, agora non durmo! Xa durmirei...

Hoxe vou comer con Jesus, e pola nuite facemos cena en casa as nenas, Tono e eu...
E teño que facer a comida pero non me dou decidido...

E mañaaaan... pois teño ganas de sair por aqui... sei que e raro, eu diria mais, pero e que
me apetece... e punto! Jajaja!

Posiblemente vaia pra Lira o jueves o mediodia ou asi, non sei, a ver como van as cousas.

En fin, marcho, que teño que ir comprar unhas cousas o super.

Biquiños pra quen os quira, os que non... pois nada!

Nune.

xxx

...···...···...···...
.::·ParanoiAsMix!·::.
.as.cousas.segun.o.teu.punto.de.vista.
.sempre.como.ti.quiras.
.como.ti.vexas.
.coma.ti.
.sempre.
·::.Nune'sWhat?!.:·
···...···...···...···

¿Queres ver o mundo? Mira, esta debaixo dos teus pes...
Fito(*****)


Non hai foto que non hai tempo.

Muuuuuuuuuuuuuuuuás!

8.10.06

E dalle a volta...

Boas tardes unha vez mais...

Unha semaninha sen escribir e con moitas novidades na minha vida, e moitos sucesos no pais... Como esta o tempo...

Estou de volta en Lira, con ganas de respirar un pouco aire dese que cheira a mar.
A semana empezou bastante jodida, para que enganarnos.
Sentinme bastante soa o luns e o martes e parte do mercores.
As clases na EOI foron xeniais, non se pode dicir nada noutro idioma
que non sexa ingles porque senon mandache fora da clase,
e a verdade e que me encanta ter que esforzarme
para expresarme correctamente...
Cada dia me gusta mais esa lingua.
A presentacion na facultade foi bastante aburrida e non coñecin a ninguen...
Non porque non houbera xente, senon porque non estaba mui de humor
para relacionarme con ninguen e caerlle ben.
Pasei unha nuite fatal do luns o martes...
estivera pegando nas paredes todalas fotos que revelara,
e me quedaron chulisimas, pero cando rematei e mirei para elas vin o meu pasado.
Todo o que xa pasara e que non volvera xamais. Xente que sae da minha vida,
xente que marcha lonxe, xente que se acorda de min cada dia,
xente que non sei se se acorda, xente que me quere e me extraña...
E momentos inolvidables. Fins de semana de choiva, de sol, de botellon, de disfraces,
de despedidas, de cine, de paridas, de paiasadas, de amistade, de paixon, e algun de amor...
ainda que poucos. Chorei coma unha neniña...
E non puden deixar de pensar que todo o que contaban agora as miñas paredes era a
miña vida, e que todo ia cambiar en pouco tempo. Non e de extrañar que o martes non
tivera ganas de cambios...
O xoves a verdade e que xa tinha mais espranza, de que o tempo fixera os cen metros lisos,
e que chegara pronto o venres pola tarde. E chegou. E a verdade e que respiro millor.
E os recordos aqui non se ven tan lonxe ainda que en verdade si o estan.
Salin onte. Necesitabao. Coma case sempre faltou algo que me fixera dicir que fui xenial...
Paseino mui ben, pero xa se sabe que pudo ser millor...

En fin, hoxe de volta a aldea... Que poucas ganinhas... Bueno, menos mal que tres dias
pasan voando! Seguirei mirando as fotos e acordandome de todos eses momentos...
De todas esas personas...

Agardo que teñades unha boa semana... Que pase rapidinho!

Bicos deses que me roubou o mar cando choraba nas pedras.

Nune.

xxx

... ... ... ... ... ...

Cambiar o sentido do meu camiño xa chegando ó final
voltar sen pensar que quizais o que veña será mellor
o xa vivido, o xa coñecido non da medo
pero perdelo é perderme
sentilo é inevitable
esquecelo
nunca
Nu.
... ... ... ... ... ...

.r.e.c.o.r.d.o..o.s..p.a.s.o.s..q.u.e..d.i.n..e..n.a.s..c.o.u.s.a.s..q.u.e..f.a.l.l.e.i.

... ... ... ... ... ...

Camiñar é máis doado contigo... cando estás comigo...
cando a tua man é a que me leva...

Nu.
...

1.10.06

Volta outra ves...

Eeeeei...
Pero que rapido pasa o tempo... xa marcho para Santiago outra vez...
Empezanme as clases o martes, pero mañan tenho na Escuela Oficial de
Idiomas a presentacion, asi que non me queda outra mais que ir.
Ainda que fui curto, para min fui un bo finde... non houbo nada especial,
pero a veces cando todo esta normal e cando se esta ben... algunhas cousas
estan millor sen as mover.

Claridade, precision, sencillez, espontaneidade, sinceridade... encantame.

En fin... vou escribir algo improvisado... creo que deixarei de prefabricar frases
e paragrafos...
Mil e un bicos... o un o mais forte...
Nune.
xxx
.::::::::::::::::::::::.
Firme, segura
sen dubida ningunha
ser de xeo
vivir sen medo
que seria eso
eu teria medo
correr e saber caer
loitar e saber morrer
pensar o correcto
sentir sen defectos
amar sen lamentos
saber que te queren
soñarmos despertos.
Nune...
.::::::::::::::::::::::.
.P.e.d.i.n.d.o..a.x.u.d.a..s.e.n..s.a.b.e.r..s.e..h.a.i.
.a.l.g.u.e.n..p.a.r.a..d.a.r.m.e..a..m.a.n...
Nune...
.::::::::::::::::::::::.

(Ni una sola palabra, Paulina Rubio. A ChesSy & Neo, esos
momentos unicos.)

.::::::::::::::::::::::.

(Por la boca vive el pez, Fito y Fitipaldis)
.::::::::::::::::::::::.

Nune

xxx